
Non somos poucas as persoas que utilizamos esta platafoma social
Twitter publicou os resultados correspondentes ao cuarto trimestre do ano 2021, no que engadiu 6 millóns de usuarios/as diarios con respecto ao trimestre anterior.
A compañía supera así os 217 millóns de usuarios/as ao día -é a única rede social que proporciona o dato diario, mentres que Facebook, Pinterest, Snapchat e o resto de plataformas anuncian a cifra de usuarios/as activos/as ao mes- logrando un crecemento de máis do 10% con respecto á cantidade de usuarios que rexistraba hai un ano.
Twitter sumou 6 millóns de usuarios diarios en só tres meses
Con todo, o dato a nivel anual reflicte un pobre crecemento da base de usuarios/as no seu país natal, os Estados Unidos, onde proceden a maior parte dos ingresos publicitarios da compañía.
No último ano, Twitter unicamente sumou un millón de usuarios/as nos Estados Unidos. Na actualidade conta con 38 millóns de usuarios/as diarios nos Estados Unidos, mentres que a principios de 2020, hai dous anos, tiña 36 millóns. Pouco incremento para ser o mercado no que obtén máis diñeiro.
A pesar de depender de territorios internacionais -é en Asia, e especialmente na India, onde máis crece a base de novos/as usuarios/as- os ingresos de Twitter rexistraron unha subida do 22% anual. En total, a compañía conseguiu uns ingresos de 1.570 millóns de dólares no cuarto trimestre de 2021. Deles, 1.410 millóns de dólares proceden directamente da venda de anuncios publicitarios, mentres que só un 9% son beneficios obtidos pola monetización de servizos ou pagos de terceiros.
Twitter sinalou que espera sumar máis de 100 millóns de usuarios/as para finais do 2023, alcanzando os 315 millóns de usuarios/as diarios, obxectivo que xa comunicou Jack Dorsey -ex CEO da compañía, posición que abandonou o pasado novembro- en febreiro do ano pasado.
Con todo, o obxectivo parece excesivo, tendo en conta que no 2021 a compañía sumou 18 millóns de usuarios/as diarios, cifra próxima ao 10%, que podería estar ben se non fóra pola presión do consello administrador e por fixar unha meta quizá demasiado alta para a finalización do exercicio 2023.