Twitter pode non ser o mesmo

O multimillonario e fundador de empresas como Tesla ou SpaceX, faise co 9,2% da plataforma social



A persoa máis rica do planeta acaba de mercar de forma indirecta unha participación do 9,2% de Twitter, converténdoo no socio maioritario. Isto ocorre unha semana despois de que anunciara que ía a introducirse no mundo das redes sociais "para poñelo patas arriba".


Todo comezou, como non, nunha das súas famosas enquisas en Twitter, Elon Musk preguntou a súa audiencia se a plataforma social respectaba os principios da liberdade de expresión. Máis dun 70% votou que non.

A consecuencia daquela equisa parece ser a compra que se acaba de dar a coñecer. Twitter informou de que el fideicomiso Elon Musk Revocable Trust, cuxo único beneficiario é o empresario, está detrás da operación de compra das accións, converténdoo no dono indirecto de toda a participación.


Esta operación custoulle a Elon Musk uns 2.624 millóns de euros

Musk fíxose cun paquete de 73,5 millóns de accións de Twitter, que representan o 9,2% do total de 800,6 millóns de títulos que compoñen o capital social da empresa. Ao prezo ao que pecharon as accións o venres, a operación custoulle a Elon Musk 2.888 millóns de dólares (uns 2.624 millóns de euros). Nada de que preocupar cando a súa fortuna ascende hoxe a uns 290.000 millóns de dólares (case uns 264.000 millóns de euros).


A diferenza doutros magnates que se queixan da falta de liberdade para expresar o que pensan, como é o caso de Donald Trump, o cal creou Truth Social. Elon Musk parece que se decanta por facerse cunha xa existente.


E iso é bo ou é malo? Só Musk o sabe. Pode ser unha xogada empresarial como xa fixo co auxe cos Bitcoin ou simplemente está apostando por crear un espazo onde calquera poida expresar o que pensa. Só a extravagancia das accións de Musk saben que lle depara ao futuro do paxariño azul.