Twitter en galego, mellor proxecto de comunicación e impacto

A inciativa Twitter e Instagram en galego recoñecidas como os mellores proxectos de comunicación en redes na 3ª edición dos Premios Pirmavera.


Os premios Mil Primaveras, certame que organiza a Coordinadora de Traballadorxs de Normalización Lingüística, acaba de recoñecer ás iniciativas Twitter en galego e ao proxecto do Instagram en galego, "á mellor comunicación e impacto recaeu nesta ocasión en dous proxectos relacionados entre si".


Estes proxectos están promovidos polo activista Carlos Vieito, que no caso do Twitter en galego conseguiu a tradución da plataforma social e que conta con dez anos. No caso do Instagram en galego seguen a desenvolver o seu traballo para conseguir o mesmo obxectivo.


O xurado destacou que son proxectos efectivos, con alta repercusión social e nos cales se traballa de forma horizontal. Salientou tamén que son iniciativas que teñen incidencia no corpus (con termos que xa se utilizan con normalidade como chío, rechouchiar ou cancelo), xa que asentan o léxico das novas plataformas en galego, e no status, pois, alén da demanda da versión galega das plataformas, promoven o emprego do galego polas persoas usuarias. Tamén valorou a capacidade de adaptación ás circunstancias, o seu grande impacto, que supera os 33.000 seguidores en Twitter, os 32.000 en Instagram e os 15.000 en Facebook, e que son referentes para outras iniciativas.