Programando os Espazos

Twitter permite enviar un recordatorio ás persoas interesadas nun Espazo que estea programado

Como xa falábamos hai unha semanas Twitter permite crear Espazos nos que interactuar con outros usuarios e usuarias a modo de podcast.


A iniciativa Twitter en galego xa comezo a fedellar nesta nova ferramenta que nos presta a plataforma e o resultado está sendo xenial para compartir experiencias.



Agora lanzou a posibilidade de programar os Espazos. Isto permite aos creadores e creadoras destas salas establecelas con anterioridade e poder comunicar a súa celebración seguindo un plan determinado de mensaxes, xerando expectación nos posíbeis oíntes.


Como programar un Espazo en Twitter

Para programar un Espazo, tan só debes crear un Espazo novo como ata o de agora e verás unha nova opción que sinala «Programar para máis tarde», xusto á beira de «Empeza o teu Espazo». Ao pulsar sobre esa sesión, poderás seleccionar a hora e día na que se celebrará o Espazo, que quedará programado, tal e como mostra no chío compartido pola compañía na súa conta oficial de TwitterSpaces:


Ademais, unha vez programado, proporcionaráseche unha URL única para o teu Espazo, co que poderás compartila por redes sociais e correo electrónico para avisar aos posíbeis interesados e interesadas. Desde ese menú de creación, tamén poderás compartir a celebración do Espazo a través dun chío nese momento ou mediante Mensaxe Directa enviarlla a quen ti queiras.


30 minutos antes de que o Espazo vaia a dar comezo, as ou os anfitrións -quen o creou- recibirán un aviso por parte de Twitter, para asegurarse de que estás preparado para desenvolver o Espazo. Unha vez que vaia a comezar, tamén se enviará outro aviso.


Os usuarios e usuarias, pola súa banda, poderán establecer un recordatorio para que Twitter tamén lles avise cando vaia a comezar ese evento. Tan só teñen que pulsar sobre «Establecer recordatorio», función que se mostra cando acceden a un Espazo programado. Así, cando o Espazo dea comezo, recibirán un aviso por parte de Twitter.