Os bots bos

Twitter engade a función máis esperada para as contas bot


Tras meses de probas, parece ser que esta proba obtivo bos resultados, polo que Twitter xa ofrece ás persoas programadoras a posibilidade de pór etiquetas ás contas de bots. Esta etiqueta poderase ver nos perfís desta clase de contas, xa que estará situada baixo o seu nome no canal de contidos.


Segundo explicou Twitter, estas etiquetas engadiranse ás contas de bots que fosen creadas polas persoas programadoras que empregan a API de Twitter. Os propios donos e donas das contas terán que decidir se poñer esta etiqueta a estas contas ou non.



Nun principio Twitter prometeu a usuarios e usuarias lanzar esta función a finais do pasado 2021, xa que as probas deron comezo no mes de setembro, mais como puideches comprobar, esta promesa tivo certo atraso. A pesar deste atraso, os usuarios e usuarias que xestionan contas de bots poden estar aliviadas de saber que ao fin poderán poñer en uso esta nova etiqueta.


O certo é que poder ter unha etiqueta visible nas contas de bots é unha magnífica vantaxe, xa que nos aclara cales son. Ademais, hai varias formas de darlle uso a estas contas de bots, por exemplo, o material de márketing de Twitter ten o seu propio bot local do tempo, ou no contexto galego a conta que che di cantas vacas hai por comarca en comparación cos seus habitantes.