Elixe quen responde aos teus chíos


Esta ferramenta xa está dispoñíbel para todos os tuiteiros e tuiteiras do mundo e súmase á posibilidade de editar quen pode responder aos chíos á hora de publicalos. É dicir, agora tamén pode seleccionarse en chíos do pasado.


Os teus chíos = O teu espazo

Como diciamos, desde o pasado mes de agosto, e co obxecto de tomar medidas contra o acoso, Twitter ofrecía a posibilidade de elixir quen podían reaccionar a unha publicación no momento no que se escribían os chíos. Con todo, e esa é precisamente a novidade, agora esa decisión poden limitarse os usuarios que poden reaccionar ao chíos mesmo despois de publicalo.



Como seleccionar quen pode responder a un chío xa publicado

A esta nova ferramenta accédese pulsando sobre os tres puntiños que aparecen na esquina superior dereita dos teus chíos. Ás opcións dispoñibles ata o de agora engadiuse unha nova, que aparece a primeira da lista, e que di “Cambiar quen pode responder”. Ao pulsar nesa opción Twitter permite ao usuario limitar as respostas a un chíos ás persoas que lle seguen ou ás mencionadas na devandita publicación.


Nesta mesma liña, Twitter está a traballar nos grupos de privacidade ou “privacy check-in”. Esta ferramenta permitirá ao usuario ter un maior control sobre as súas interaccións na rede decidindo que usuarios poden ver e reaccionar ás publicacións; que chíos están á vista de calquera ou só dun círculo de usuarios amigos.