Descubre as listaxes

As listaxes de Twitter creáronse no 2009 para facilitar a creación dun timeline sobre un asunto específico.

Levas tempo en Twitter e seguramente aínda non sabes moi ben para que e que son. As listaxes de Twitter serven para agrupar usuarixs nunha única cronoloxía a partir dun determinado criterio. Pode ser polos asuntos sobre os que chian ou porque pertencen a unha determinada institución. Aínda que tamén hai listaxes que se elaboran con propósitos ofensivos, polo que convén saber comprobar en que listaxes foi incluído un. O Twitter en galego hai anos que creamos a listaxe Galituiter para xuntar a toda a comunidade que fala galego nesta plataforma social. Esta ferramenta introduciuse en Twitter no ano 2009 para permitir que os usuarios e usuarias puidesen crear varios timelines paralelos de diferente estilo ou temática. O certo é que non se trata dunha función moi utilizada na plataforma, a pesar da súa evidente utilidade. De feito, máis que para crear listaxes informativas ou que traten sobre un asunto determinado, o uso máis común é outro: Peores actores de Twitter, Trolls de Twitter, Xornalistas mentireiros… Desta forma, as listaxes poden servir como forma de sinalización de fronte ao acoso de determinados usuarios e usuarias.


As listaxes de Twitter creáronse no 2009 para facilitar a creación dun timeline sobre un asunto específico

Para estarmos previdos e previdas ante estas situacións, convén ser capaz de comprobar de que listaxes formas parte. Aquí explicámosche, paso a paso, como saber a que listaxes pertences en Twitter.

  • «Listaxes»: En primeiro lugar, abre a túa conta de Twitter xa sexa na app móbil ou na súa versión de escritorio. Ao facelo verás que, na franxa esquerda da pantalla, desprégase un menú con diversas opcións. Unha delas pon «Listaxes».


  • Máis opcións: Ao pulsar no apartado de “Listaxes” verás que che aparece información sobre as listas ás que estás subscrito ou subscrita e sobre aquelas que poderían ser do teu interese. Mais para saber en que listas estás incluído ou incluída, debes pulsar sobre a icona dos tres puntos situado na esquina superior dereita da pantalla.


  • «Listaxes nas que estás»: Ao pulsar sobre a devandita icona aparecerache unha pestana que pon “Listaxes nas que estás”. Se fas clic nela, e no caso de que pertenzas a algunha listaxe, apareceranche todas enumeradas en pantalla.