Configura o teu Twitter en galego



Para poder comezar a chiar dende a túa conta de Twitter debes seguir uns pasos moi sinxelos. Sigue os seguintes pasos:

  1. Entra no teu perfil de Twitter e preme nos tres puntiños de ‘More’ que se atopan no menú da esquerda da pantalla.

  2. No menú despregable, selecciona ‘Settings and privacy’.

  3. A continuación en ‘Settings’ selecciona ‘Account Information’ e introduce o teu contrasinal.

  4. Para finalizar busca no novo panel ‘Languages’ e en ‘Display language’ escolle ‘Galician (beta) - galego’.

PARABÉNS! 🥳 Xa tes configurada a túa conta de Twitter en galego. **Debes saber que de momento só se pode configurar en galego a versión para computador. A meta desta iniciativa é que nun futuro, cando Twitter o permita, poder chiar tamén dende calquera móbil.