Como publicar chíos en Instagram

Twitter acaba de facilitar poder compartir os teus chíos en plataformas como a de Instagram


Paso 1 Asegúrate de ter a app de Instagram instalada no teu dispositivo. Inicia sesión na túa conta. Paso 2 Entra en Twitter. Preme a icona de compartir nun chío público. Nota: Non se poden compartir os chíos protexidos. Paso 3 Prme a icona de Instagram . Paso 4 A túa app de Twitter pecharase e abrirase un novo borrador de historia no teu perfil de Instagram. Paso 5 O chíos que queiras compartir aparecerá como un colante con tamaño axustábel, que podes mover para compartir nas historias de Instagram. Paso 6 Podes compartir o chío cunha soa persoa, un grupo ou todos os teus seguidores e seguidoras. Debes ter en conta que o contido de Twitter compartido e publicado en Instagram pode non reflectir o estado actual do contido en Twitter e rexerase polas políticas e regras de Instagram.