Como iniciar un Espazo


Os Espazos son unha nova forma coa que podes ter conversacións de audio en directo en Twitter. Podes seguir toda a información sobre esta nova ferramenta a través de @TwitterSpaces.


Como comezar un Espazo?

Quen crea un Espazo convértese no Admin. Como admin en iOS, podes comezar un Espazo de dúas maneiras: mantén presionado o ícono creador de Chíos na cronoloxía de inicio e despois, preme o novo ícono de Espazos (varios círculos que configuran un diamante) no extremo esquerdo. Tamén podes pulsar a túa imaxe de perfil na parte superior da cronoloxía.


Os Espazos son públicos, polo que calquera pode unirse como oínte; isto inclúe a persoas que non che seguen. A un Espazo pódese convidar oíntes cunha Mensaxe Directa a través dunha ligazón ao Espazo, mediante un Chío ou ao compartir unha ligazón noutro lugar.


Nun Espazo poden falar ata 13 persoas (incluído o Admin e dous coAdmin) en calquera momento. Ao crear un novo Espazo, verás opcións para Dar un nome ao teu Espazo e Comezar o teu Espazo.


Para programar un Espazo, preme Programar para máis tarde. Elixe a data e a hora en que desexas que se active o teu Espazo.


Unha vez que o Espazo comezou, o Admin pode enviar solicitudes aos oíntes para que se convertan en coAdmin; para iso, debe preme o ícono de persoas e agregar coAdmin ou falantes ou tocar a imaxe de perfil dunha persoa dentro dun Espazo e agregala como coAdmin ou falante. Os oíntes poden solicitar permiso ao admin para falar; para iso, deben pulsar o ícono Solicitar situado debaixo do micrófono.


Ao crear un Espazo, o Admin unirase co micrófono apagado e será o único falante no Espazo. Cando esteas listo ou lista, preme Iniciar o teu Espazo.


Debes permitir o acceso ao micrófono (capacidade de falar) aos falantes; para iso, activa Permitir acceso ao micrófono.


Empeza conversacións no teu Espazo.

Se es Admin, asegúrate de chiar a ligazón ao teu Espazo para que outras persoas poidan unirse.