Como crear un GIF en Twitter


gif

A rede social Twitter acaba de anunciar que, na última actualización da app para iOS, os usuarios e usuarias poderán crear e compartir arquivos GIF a partir de fotografías ou vídeos da súa propia cámara. Polo momento, a empresa non detallou cando poñerá esta ferramenta ao dispor dos seus usuarios e usuarias con teléfonos Android, mais suxire que será nun breve prazo de tempo.


Os usuarios de Twitter con teléfonos iOS xa poden crear e editar Gifs sen saír da app da rede social.

O proceso comeza abrindo a app de Twitter e pulsando sobre o botón de escribir e publicar un novo chío. Unha vez aberta a xanela para escribir o chío, hai que pulsar sobre a icona da cámara que aparece na franxa inferior do recadro.


Nese momento, a persoa debe elixir se quere achegar na súa publicación unha fotografía, un vídeo ou un GIF animado. Ao elixir esta última opción, o usuario terá que gravar un pequeno vídeo, de non máis duns segundos, que aparecerá publicado en forma de GIF.


Unha vez gravadas as imaxes, Twitter ofrecerá unha serie de ferramentas de edición para mellorar o GIF. Por exemplo, o usuario pode facer que a imaxe gravada repítase en bucle, ou que se reproduza desde o final cara ao principio.


Cando o GIF estea xa gravado e editado, todo sen necesidade de saír da app de Twitter, o arquivo gardarase na galería de imaxes do teléfono. E farao xa como formato GIF e non como un vídeo.