Como cambiar o teu alcume

O teu nome de usuario segue sendo @Ruben0948573932 e non sabes cambialo? Tranquilo, aquí contámosche como cambialo.

É hora de dar un cambio na túa conta e aquí che imos axudar a facelo. O alcume co que os usuarios e usuarias de Twitter son identificadas non é inamovible e inmutable, o que permite poder cambialo se con posterioridade a dar de alta a conta así se desexa. Para iso hai que seguir unhas sinxelas instrucións que permitirán adoptar unha nova identidade. A modificación pódese levar a cabo desde a versión web a través do menú no apartado de «Configuración e Privacidade», desde o que se accede á opción «a túa Conta», onde hai que acceder a «Nome de usuario» (previa introdución do contrasinal).


Hai que diferenciar entre nome de usuario e nombre da conta

Cambiar o nome de usuario, pola facilidade que presenta, é utilizado por algúns tuiteiros e tuiteiras a modo de «información de estado» ou para engadir información temporal. A maneira de modificar este nome de usuario sería a seguinte, e como se verá é completamente distinta á modificación de nome de conta anteriormente explicada. Neste caso hai que acceder desde o apartado «Perfil > Editar perfil» (tanto desde a versión web como desde as app para dispositivos móbiles) e é tan sinxelo como premer sobre o nome, cambialo por outro e premer «Gardar». Con esta opción Twitter permite adaptar ás necesidades do usuario ou usuaria o seu modo de identificarse ante o resto da comunidade tuiteira.