Como buscar un chío concreto


As veces publicamos chíos e esquecémonos por completo deles por un tempo até que… espera, esta idea non a chiei eu hai tempo!


O noso amigo Twitter acaba de incorporar un botón específico para circunscribir as procuras aos contidos publicados unicamente por unha usuaria ou usuario concreto na súa cronoloxía.


A nova procura permite que o criterio sexa unha palabra concreta do muro dunha usuaria ou usuario determinado

Na ferramenta de procura dispoñíbel até o momento e que continua activa desde a icona da lupa, tamén pode levar a cabo unha procura tan concreta, pero dun modo algo máis complexo, debido a que require de empregar unha fórmula na que se determine de forma escrita tanto o usuario como a palabra (ou a frase) que se desexa localizar, expresándoo mediante o seguinte formato dentro da ferramenta de procura: from:usuario PALABRA.


Neste caso hai que substituír «usuario» polo identificador do chiador en cuxos contidos se desexe atopar a palabra concreta (ou unha frase), cambiando «PALABRA» pola devandita palabra (ou pola frase, escribíndoa entre aspas).


Agora simplifícase a procura debido a que ao acceder ao perfil dun usuario ou usuaria aparecerá na parte superior da pantalla a icona da lupa, e pulsando sobre el xa se accederá a esa procura circunscrita unicamente á cronoloxía dese usuario de Twitter. Desta forma bastará con teclear no cajetín de procura a palabra (ou a frase, entrecomillándola) que se queira atopar entre todos os tuits que publicase.


Os resultados da procura aparecerán clasificados en atención a se se trata de tuits destacados, máis recentes, imaxes ou vídeos, unha categorización que é, por outra banda, a habitual nas procuras de Twitter.